Oroso reforza os medios de Protección Civil con novo equipamento para emerxencias
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso vén de recibir un novo lote de material que permitirá mellorar a súa capacidade de intervención e resposta ante emerxencias, reforzando asà un servizo esencial para a seguridade da veciñanza.
A entrega realizouse na localidade da Estrada por parte da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, nun acto no que participou o concelleiro de Seguridade e Medio Ambiente de Oroso, Óscar RodrÃguez, xunto con integrantes da agrupación local.
A dotación recibida consiste nun conxunto de ferramentas a baterÃa, un equipamento que facilitará o traballo diario dos voluntarios e voluntarias en actuacións relacionadas con emerxencias, prevención, apoio en eventos e intervencións no ámbito da seguridade e do medio ambiente.
Este tipo de material resulta especialmente útil para actuacións rápidas e eficaces en situacións que requiren mobilidade e autonomÃa, contribuÃndo a optimizar os tempos de resposta e mellorar a eficacia dos operativos.
Desde o Concello de Oroso destacan a importancia da colaboración entre administracións para dotar de máis e mellores recursos aos servizos de emerxencias, asà como o papel fundamental que desempeña a agrupación local de Protección Civil no dÃa a dÃa do municipio.
O Concello quere tamén trasladar un agradecemento especial ao conxunto de voluntarios e voluntarias, recoñecendo o seu compromiso, dedicación e vocación de servizo público, estando sempre dispoñibles para atender as necesidades da veciñanza.
Con esta nova dotación, Oroso continúa avanzando no reforzo dos seus servizos de seguridade e emerxencias, apostando por un municipio máis preparado e seguro para todos e todas.



