Triplete internacional para Sasha Malov no circuÃto mundial U15
O deporte de Oroso volve estar de celebración grazas aos éxitos acadados por Sasha Malov, veciño de Porto Avieira, que nas últimas dúas semanas logrou tres tÃtulos internacionais en probas do circuÃto mundial U15, celebradas en diferentes cidades de Sudamérica.
O deportista orosino proclamouse campión na categorÃa individual U15 en Bos Aires, nun torneo que reuniu a novos talentos procedentes de distintos paÃses e que forma parte do calendario internacional desta disciplina.
Tras este primeiro triunfo, Sasha continuou a súa participación no circuÃto cunha nova competición celebrada en Asunción (Paraguai), onde volveu demostrar o seu gran momento de forma. Na capital paraguaia conseguiu dous novos tÃtulos, proclamándose campión en dobres mixtos e acadando tamén o ouro na categorÃa individual U15, completando asà un destacado triplete de vitorias internacionais.
Estes resultados confirman a progresión deportiva de Sasha Malov e o seu posicionamento entre as promesas máis destacadas da súa categorÃa a nivel internacional, levando ademais o nome de Oroso a competir e destacar en escenarios deportivos de primeiro nivel.
Desde o Concello de Oroso queremos trasladarlle os nosos máis sinceros parabéns a Sasha Malov, asà como á súa familia, adestradores e persoas que forman parte do seu entorno deportivo, polo traballo e dedicación que hai detrás destes importantes logros.
O Concello reafirma o seu apoio ao deporte base e celebra os éxitos das e dos deportistas do municipio que, coa súa dedicación e talento, contribúen a levar o nome de Oroso máis alá das nosas fronteiras.
Parabéns polos éxitos e moitos máis logros no futuro.


