Oroso no podio do atletismo galego co bronce de Marcos Barcala no Campionato Xunta de Galicia de Trail
O deporte orosino volve estar de parabéns grazas ao resultado acadado por Marcos Barcala, veciño de Porto Avieira, que conseguiu a medalla de bronce na categorÃa Sub16 no Campionato Xunta de Galicia de Trail Preclassic, celebrado recentemente no concello de Ames.
O atleta, integrante do Club Atletismo Tambre, logrou subir ao terceiro chanzo do podio nunha competición autonómica que reuniu a mozos e mozas deportistas de diferentes puntos de Galicia e que destaca polo seu alto nivel de esixencia no ámbito do trail running.
Este resultado supón un importante recoñecemento ao esforzo, á constancia e ao traballo desenvolvido nos últimos anos, tanto polo propio deportista como polo seu club e o equipo técnico que o acompaña. A súa actuación permite ademais situar o nome de Oroso no podio do atletismo galego, demostrando o talento e a proxección das novas xeracións de deportistas do municipio.
Desde o Concello de Oroso queremos trasladar os nosos máis sinceros parabéns a Marcos Barcala, asà como ao Club Atletismo Tambre, aos seus adestradores e á súa familia, polo apoio e dedicación que fan posible estes logros deportivos.
O Concello continúa apostando polo apoio ao deporte base e á promoción de hábitos de vida saudables, celebrando os éxitos das e dos deportistas que levan o nome de Oroso con orgullo nas diferentes competicións.
Noraboa polo logro e moitos éxitos máis no futuro.


