A orosina MencÃa Mosquera celebra coa Marineda Hóckey o tÃtulo da Copa S.A.R. A Princesa Feminina
O Concello de Oroso quere felicitar á nosa veciña MencÃa Mosquera polo importante éxito deportivo acadado recentemente co seu equipo, o Marineda Hóckey, que vén de proclamarse campión da Copa S.A.R. A Princesa Feminina de hóckey a patÃns.
Este tÃtulo supón un novo fito para o club coruñés, que en moi pouco tempo de traxectoria está a destacar con forza no panorama do hóckey a patÃns feminino, consolidándose como un dos equipos con maior proxección dentro desta disciplina deportiva.
MencÃa Mosquera forma parte deste conxunto que actualmente compite na OK Liga Prata Feminina, a segunda categorÃa do hóckey a patÃns a nivel estatal. O equipo está a realizar ademais unha tempada moi destacada, situándose no primeiro posto da clasificación e mantendo opcións reais de ascenso á máxima categorÃa nacional, a OK Liga Iberdrola.
Este logro deportivo pon de manifesto o talento, o esforzo e o compromiso das xogadoras, asà como o traballo realizado polo corpo técnico e polo propio club para impulsar o hóckey feminino.
Desde o Concello de Oroso queremos trasladar os nosos máis sinceros parabéns a MencÃa Mosquera e a todo o equipo do Marineda Hóckey, desexándolles moitos máis éxitos deportivos no futuro e animándoas a continuar levando o seu talento e dedicación ás pistas.


