O Concello de Oroso saca a licitación catro novas actuacións de sendas peonís cun investimento de case 350.000 euros
O Concello de Oroso informa de que xa saíron a licitación catro novas actuacións destinados á creación de sendas peonís en distintos puntos do municipio, cun investimento total que ascende a case 350.000 euros.
Estas actuacións están financiadas a través do Plan de Obras e Servizos (POS)
Provincial 2025 e teñen como obxectivo mellorar a seguridade viaria, favorecer a
mobilidade sostible e continuar conectando os distintos núcleos do termo municipal.
Os proxectos que xa se atopan en fase de licitación son os seguintes:
- Senda O Cachopal – A Igrexa de Calvente, nas parroquias de Ánxeles e Calvente.
- II Fase da Senda Vilarelle – Valverde, na parroquia de Villaromarís.
- Senda Cementerio – O Barral, tamén na parroquia de Villaromarís.
- Carril bici a aceras no Portiño, en Sigüeiro.
Con estas intervencións, o Concello continúa avanzando na creación dunha rede de itinerarios seguros para peóns, apostando por infraestruturas que melloren a calidade de vida da veciñanza e reforcen a seguridade nas comunicacións interiores. Nos vindeiros meses, unha vez completado o proceso administrativo de adxudicación, no que o prazo de presentación de ofertas remata o próximo 4 de marzo, procederase á adxudicación e ao inicio das obras.
Dende o Concello, o alcalde, Alex Doval, sinala que este tipo de investimentos permiten seguir transformando o municipio, ampliando servizos e mellorando a accesibilidade e a conectividade entre parroquias e núcleos urbanos.


