O Pleno de Oroso aproba a ordenanza municipal para regular a tala e saca de madeira
O Pleno do Concello de Oroso aprobou na sesión
celebrada este xoves a aprobación inicial da ordenanza municipal para a protección e
conservación dos camiños e vÃas de titularidade municipal en relación coas operacións
de corta e saca de madeira.
Esta nova normativa nace coa finalidade de garantir o bo estado das infraestruturas
viarias municipais, compatibilizando a actividade forestal, de grande importancia no
municipio, co dereito da veciñanza a contar con camiños e vÃas públicas seguras e en
condicións axeitadas de uso.
A ordenanza establece a obriga de comunicar previamente as operacións de corta e
saca de madeira, asà como unha serie de condicións técnicas, medidas de control,
obrigas de limpeza, reparación de danos e un réxime sancionador para os casos de
incumprimento. O seu obxectivo é evitar os deterioros que estas actividades poden
provocar nos camiños municipais e reforzar a responsabilidade das empresas
madeireiras e das persoas propietarias dos terreos.
Coa aprobación inicial deste texto, ábrese agora un perÃodo de exposición pública de
30 dÃas hábiles, durante o cal as persoas interesadas poderán consultar o expediente
e presentar as alegacións que consideren oportunas. De non presentarse
reclamacións, a ordenanza quedará aprobada de maneira definitiva.
Desde o Concello de Oroso destácase que esta medida supón un paso importante
para mellorar a protección das infraestruturas municipais, reforzar a seguridade viaria
e garantir unha convivencia equilibrada entre a actividade forestal e o interese xeral da
veciñanza.


