Oroso reabre a Aula da Xuventude como espazo de encontro e participación para a mocidade
O Concello de Oroso inaugurará o vindeiro venres 30 de xaneiro ás 18:00 horas a Aula da Xuventude, un espazo municipal renovado e concibido como punto de encontro, participación e desenvolvemento de iniciativas dirixidas á xente nova do concello.
A reapertura terá lugar no Centro CÃvico, situado diante da Praza Isaac DÃaz Pardo, e supón un novo paso na aposta municipal por ofrecer recursos, espazos e oportunidades que fomenten a participación activa da mocidade na vida social, cultural e comunitaria de Oroso.
A Aula da Xuventude preséntase como un lugar aberto e dinámico, pensado para crear, compartir ideas, desenvolver proxectos e impulsar actividades, asà como para acoller propostas promovidas pola propia xuventude. Trátase dun espazo que permitirá fortalecer a convivencia, o asociacionismo xuvenil e a implicación das persoas novas na construción do futuro do municipio.
Desde o Concello de Oroso destacamos a importancia de contar con infraestruturas especÃficas que dean resposta ás inquedanzas da mocidade, favorezan a súa participación activa e contribúan ao seu desenvolvemento persoal e colectivo.
O acto de inauguración estará aberto á veciñanza e especialmente á xente nova, que poderá coñecer de primeira man este espazo renovado e as posibilidades que ofrece.
Agardámoste para celebrar xuntos a reapertura da Aula da Xuventude e seguir construÃndo futuro desde a xuventude!


