O Concello de Oroso inicia o procedemento de alleamento de parcelas de titularidade municipal
O Concello de Oroso vén de publicar no BoletÃn Oficial da Provincia da Coruña (BOP) o anuncio polo que se aproba o procedemento de alleamento de parcelas de titularidade municipal, co obxectivo de poñer a disposición da cidadanÃa solo municipal mediante un proceso aberto, público e transparente.
O procedemento realizarase mediante poxa pública, e inclúe un total de 16 lotes, correspondentes a parcelas situadas en diferentes puntos do termo municipal. A iniciativa pretende favorecer o aproveitamento do patrimonio municipal e ofrecer unha oportunidade ás persoas interesadas, especialmente á veciñanza de Oroso, para acceder a solo de titularidade pública conforme á normativa vixente.
Procedemento e presentación de ofertas
As persoas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o dÃa 30 de decembro, de acordo co establecido no prego de condicións que rexe o procedemento.
A documentación completa do expediente —incluÃndo os pregos administrativos, a descrición das parcelas, as condicións de participación e os criterios de adxudicación— poderá consultarse polos seguintes medios oficiais:
- Rexistro Xeral do Concello de Oroso, en horario de atención ao público
- Perfil do contratante do Concello de Oroso
As ofertas deberán presentarse conforme ás instrucións recollidas no prego, dentro do prazo establecido e polos medios habilitados.


