Celebrada con éxito a VII edición do Torneo de Nadal 2025 en Tambre Golf & Croquet

Acto de entrega de premios coa presenza do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo Pouso, e do alcalde de Oroso, Álex Doval
Acto de entrega de premios coa presenza do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo Pouso, e do alcalde de Oroso, Álex Doval

O Tambre Golf & Croquet acolleu durante a pasada fin de semana, os días 12, 13 e 14 de decembro, a VII edición do Torneo de Nadal, unha cita xa consolidada no calendario deportivo do municipio e da comarca, que reuniu un elevado número de participantes e contou cun excelente ambiente ao longo de todas as xornadas.

O torneo desenvolveuse con normalidade e nun clima de convivencia deportiva, poñendo en valor tanto as instalacións de Tambre Golf & Croquet como o compromiso coa promoción do deporte e dos hábitos de vida saudables.

Entrega de premios e representación institucional

O acto de entrega de premios contou coa presenza do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo Pouso, e do alcalde de Oroso, Álex Doval, quen quixeron acompañar ás persoas participantes e á organización, destacando a importancia deste tipo de eventos para dinamizar a actividade deportiva e social do concello.

Ambos representantes puxeron en valor o traballo da organización e agradeceron a participación de deportistas e colaboradores, subliñando o papel de Oroso como sede de eventos deportivos de referencia.

  • Resultados do torneo

Categoría Scratch
  • 1º Jacobo Carollo
  • 2º Gustavo Nieves

Hándicap – 1ª categoría
  • 1º Dani Pereiro
  • 2º Javier De Francisco

Hándicap – 2ª categoría
  • 1º Rubén Álvarez
  • 2º José Antonio Brea

Categoría Sub-16
  • Mateo Rosende

Desde o Concello de Oroso felicítase ás persoas premiadas e agradécese a participación de todos os xogadores e xogadoras, así como o labor da organización e do persoal de Tambre Golf & Croquet, que fixeron posible unha nova edición deste torneo, reafirmando o compromiso do municipio co deporte e coa celebración de eventos de calidade.

Compartir: