A orosina Noelia Juncal proclámase campioa de España de Clubs 2025 de Taekwondo
A deportista de Oroso Noelia Juncal Marzoa vén de acadar un novo e destacado éxito deportivo ao proclamarse campioa de España de Clubs 2025 de Taekwondo WTF, nun campionato celebrado o pasado domingo na localidade de La NucÃa (Alacant).
Noelia competiu na categorÃa cadete -47 kg, unha das máis concorridas do campionato, na que participaron un total de 47 deportistas procedentes de clubs de toda España. Para facerse co tÃtulo nacional, a taekwondista orosina tivo que superar cinco combates de alto nivel, demostrando un excelente estado de forma, constancia e madurez competitiva pese á súa mocidade.
Na final, Noelia impúxose á súa compañeira de equipo Alba Figueira, repetindo asà a mesma final disputada no Open de Mallorca 2025, celebrado o pasado mes de outubro, no que tamén asinou unha brillante actuación. Este resultado consolida a súa proxección deportiva e sitúaa entre as principais promesas do taekwondo nacional na súa categorÃa.
Desde o Concello de Oroso queremos trasladarlle a nosa máis sincera felicitación a Noelia Juncal, asà como á súa familia, ao seu club e ao seu equipo técnico, polo traballo, esforzo e dedicación que hai detrás deste importante logro. O seu éxito é motivo de orgullo para todo o municipio e un exemplo de superación, compromiso e valores deportivos para a mocidade de Oroso.



