Finalizadas as obras de mellora do viario en Berdomás, na parroquia da Gándara

Estado actual do viario tras a finalización das obras
Estado actual do viario tras a finalización das obras

O Concello de Oroso informa de que xa remataron os traballos de mellora viaria executados na zona de Berdomás, pertencente á parroquia da Gándara. A intervención, moi demandada pola veciñanza, tiña como obxectivo reforzar a seguridade e facilitar a mobilidade nun punto de tránsito habitual para residentes e vehículos agrícolas.

A actuación principal consistiu na construción dunha nova ponte sobre o río Carboeiro, substituíndo a estrutura existente por unha máis moderna, segura e adaptada ás necesidades actuais. A nova infraestrutura garante unha maior capacidade de paso, mellora a drenaxe da zona e incrementa a seguridade tanto para peóns como para condutores.

O investimento, próximo aos 80.000 euros, forma parte da aposta continua do Concello de Oroso por modernizar as comunicacións no rural, atender as necesidades das súas parroquias e manter en bo estado a rede de infraestruturas municipais. Deste xeito, o goberno local continúa impulsando actuacións que contribúan a unha mellor calidade de vida e a un territorio máis accesible e cohesionado.

Desde o Concello agradécese a colaboración e a comprensión da veciñanza durante o desenvolvemento das obras, e reitérase o compromiso de seguir traballando en novas actuacións que reforcen a seguridade e melloren os servizos en todo o municipio.

Compartir: