Manuel Ferro toma posesión como xuíz de paz substituto de Oroso
O veciño de Carollo, na parroquia de Cardama, Manuel Ferro, tomou posesión do seu cargo como xuíz de paz substituto do Concello de Oroso.
Ferro, de 64 anos, é empregado público do Servizo de Prevención de Incendios da Consellería do Medio Rural, onde desempeña o seu labor desde o ano 1992.
Con esta incorporación, o Xulgado de Paz de Oroso queda completamente renovada e continúa encabezada pola xuíza de paz María Elena Espiñeira, que ocupa o cargo desde o ano 2024.
Durante o acto, o alcalde de Oroso, Álex Doval, salientou “a importancia de contar con persoas comprometidas co servizo público e coa súa contorna”, e agradeceu “a disposición de Manuel Ferro e María Elena Espiñeira para seguir colaborando co Concello na atención á veciñanza”.


