O Concello de Oroso impulsa dúas actuacións para mellorar as instalacións deportivas municipais
No marco da súa aposta continua polo fomento da actividade fÃsica e o coidado das infraestruturas de uso comunitario, o Concello de Oroso avanza con dúas actuacións complementarias nas instalacións deportivas de Sigüeiro.
Por unha banda, finalizouse recentemente o pintado exterior do pavillón municipal "Juanito Amigo Ferreiro", coa idea de renovar a súa estética e reforzar o mantemento das instalacións, proporcionando unha imaxe máis acolledora para escolares, clubs e veciñanza.
En paralelo, douse inicio á obra de reforma do terreo de xogo do Campo de Fútbol Municipal Lino Balado, cun investimento estimado en torno aos 150.000 €, para acometer o cambio do céspede e melloras no campo.
Estas intervencións ofrecerán instalacións máis funcionais e atractivas para a práctica deportiva de clubs, escolares e veciñanza, contribuÃndo á saúde, á convivencia e ao benestar da comunidade.



