Special Olympics Galicia promove unha xornada inclusiva na VÃa Verde Compostela–Tambre–Lengüelle
A VÃa Verde Compostela–Tambre–Lengüelle acolleu hoxe unha nova actividade organizada por Special Olympics Galicia, unha iniciativa de convivencia e deporte inclusivo na que participaron as entidades Aspadeza (LalÃn), Chamorro (Narón) e Aspanane (Viveiro), ofrecendo ás persoas participantes unha experiencia de integración, natureza e actividade fÃsica nun espazo pensado para todos e todas.
Esta xornada desenvolveuse no treito da VÃa Verde que atravesa o Concello de Oroso, dentro do proxecto que une os municipios de Cerceda, Tordoia, Ordes e Oroso, e que está chamado a converterse na maior vÃa verde de Galicia, con máis de 30 quilómetros de percorrido cando estean rematadas as obras dos últimos tramos segundo o calendario previsto pola Asociación de Concellos da VÃa Verde Compostela–Tambre–Lengüelle.
A actividade formou parte do programa de accións promovidas por Special Olympics Galicia para fomentar o deporte adaptado e a inclusión social das persoas con diversidade funcional, apostando por empregar contornas naturais accesibles que faciliten a participación, o benestar e a igualdade de oportunidades.
Desde o Concello de Oroso valorouse moi positivamente esta iniciativa, que reafirma o compromiso municipal coa inclusión e coa creación de espazos accesibles para toda a cidadanÃa, destacando que a VÃa Verde é un exemplo de infraestrutura sostible e integradora que contribúe ao lecer, á saúde e á cohesión social.
A organización explicou que a xornada desenvolveuse nun ambiente de convivencia e cooperación, con percorridos adaptados, acompañamento profesional e tempo para o intercambio entre participantes, e contou coa colaboración de voluntariado e persoal técnico das entidades participantes.
A VÃa Verde Compostela–Tambre–Lengüelle rexistrou nos últimos anos un incremento notable de visitantes e consolidouse como un referente de mobilidade sostible, deporte ao aire libre e turismo responsable na comarca.
O Concello de Oroso agradeceu a Special Olympics Galicia e ás asociacións participantes o seu labor constante e animou a seguir promovendo actividades que, como esta, contribúen a facer de Oroso un municipio máis aberto, solidario e comprometido coa diversidade.



