Clausura dos obradoiros de emprego da Mancomunidade de Ordes

Participantes e autoridades na clausura dos obradoiros de emprego organizados pola Mancomunidade de Ordes
Participantes e autoridades na clausura dos obradoiros de emprego organizados pola Mancomunidade de Ordes

O alcalde Alex Doval participou hoxe na clausura dos obradoiros de emprego organizados pola Mancomunidade de Ordes en colaboración coa Xunta de Galicia, que durante os últimos meses ofreceron formación práctica e teórica a persoas desempregadas da comarca en sectores cunha alta demanda laboral.

Estes programas, nos que participaron veciños e veciñas de Oroso, apostan pola cualificación profesional como ferramenta de inserción laboral e permiten aos concellos mellorar instalacións e espazos públicos grazas ás prácticas realizadas polo alumnado.

Esta iniciativa súmase ao Obradoiro de Emprego “Terras do Lengüelle”, clausurado o pasado luns e desenvolvido en colaboración entre os concellos de Trazo, Oroso, Cerceda e Tordoia, reforzando así a aposta conxunta por ofrecer formación de calidade e oportunidades laborais á veciñanza da comarca.

Desde o Concello de Oroso agradecemos á Xunta de Galicia e á Mancomunidade o seu compromiso con iniciativas que xeran novas oportunidades de emprego e melloran a calidade de vida na nosa comarca.

Compartir: