Finalización do Obradoiro de Emprego "Terras do Lengüelle"
O Concello de Oroso estivo presente hoxe no acto de peche do Obradoiro de Emprego “Terras do Lengüelle”, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos de Trazo, Oroso, Tordoia e Cerceda para mellorar a cualificación profesional e apoiar o acceso ao mercado laboral.
Durante a xornada fíxose entrega dos diplomas acreditativos ao alumnado-traballador, valorando o seu compromiso e dedicación ao longo destes meses. A
Directora Xeral de Formación e Cualificación, Zeltia Lado, salientou o impacto positivo destes proxectos na formación e empregabilidade da veciñanza.
Desde o Concello de Oroso felicitamos a todas as persoas participantes e desexámoslles moitos éxitos nesta nova etapa.


