Axudas da Xunta de Galicia para a obtención do carné de conducir

Axudas da Xunta de Galicia para a obtención do carné de conducir

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se establecen as bases e a convocatoria das axudas dirixidas á mocidade galega de entre 18 e 30 anos para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases A2 e B.

Contías das axudas

Permiso clase B (turismos): 400 €
Permiso clase A2 (motocicletas): 150 €

Trátase dunha medida coa que o Goberno galego busca apoiar a emancipación e mellorar a empregabilidade da xuventude, ao facilitar o acceso a un requisito fundamental en moitas ofertas laborais: dispor do carné de conducir.

Prazos de solicitude

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 25 de agosto ao 25 de setembro de 2025, ambos incluídos.

Como solicitalo

As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, onde tamén poderán atopar toda a información detallada sobre os requisitos, documentación necesaria e procedemento de tramitación.

Máis información

Consulta toda a información no portal da Xunta de Galicia

Compartir: