A Xunta entrega os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Ánxeles‑Calvente‑Pasarelos‑Marzoa II

Concentración parcelaria de Ánxeles‑Calvente‑Pasarelos‑Marzoa II

A Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Presidencia da Xunta de Galicia, anuncia a entrega dos títulos de propiedade da concentración parcelaria “Ánxeles‑Calvente‑Pasarelos‑Marzoa II”. O acto terá lugar os días 23, 24, 28 e 29 de xullo, en horario de 09:30 a 13:00 h, no local social O Cachopal (Parroquia de Ánxeles, DP‑3801, 15688 O Cachopal).

A entrega farase por orde de número, distribuíndose un único turno cada día con máximo 200 números. Os interesados poden consultar de antemán o listado de propietarios e as posibles causas polas que algúns títulos non estean dispoñibles.
Para recoller os títulos, será necesario presentar a documentación correspondente en función da condición: propietario, autorizado, herdeiro ou comprador.

O mércores 23, contaremos coa presenza do Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e da Conselleira do Medio Rural, María José Gómez, un día sinalado para o desenrolo institucional deste proceso.

Os títulos non recollidos entre o 23 e o 29 de xullo estarán dispoñibles a partir do 4 de agosto nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña.

Para máis información, pódese poñer en contacto co propio servizo no número 981 185 22.


Acceso ó bando informativo
Aviso entrega de títulos

Compartir: