Recibimento do Xuventude de Oroso Sub-11, Campión da Góis Cup

Xogadores e equipo técnico do Xuventude de Oroso sub-11, xunto co alcalde de Oroso, Alex Doval, e o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández.

Hoxe foi un día especial en Oroso, recibimos con orgullo ao equipo sub-11 do Xuventude de Oroso, flamantes campións da Góis Cup, que nos fixeron soñar e vibrar coa súa victoria en terras irmás de Góis.

Foi moito máis ca un triunfo deportivo, foi unha experiencia de convivencia, aprendizaxe e amizade, nun torneo internacional que reforza os lazos que nos unen co pobo irmán portugués.

Clasificación e resultados na web da Góis Cup.

Compartir: