Corte de tráfico na Rúa Xuncal
O Concello de Oroso informa que, debido ao avance das obras de humanización da Praza Isaac Díaz Pardo, a partir de hoxe, martes 15 de xullo, a Rúa Xuncal permanecerá cortada no seu acceso á Praza, así como as prazas de aparcamento do marxe esquerdo, por mor dos traballos de substitución da rede de pluviais.
O acceso quedará permitido exclusivamente para garaxes e carga e descarga.
Tanto a entrada como a saída deberá realizarse pola Avda. de Compostela (N-550).
Agradecemos a colaboración e comprensión da veciñanza. Seguimos mellorando os espazos públicos para todos.


