Espectacular a Gala de Verán do Club Patín Oroso

Gala de Verán do Club Patín Oroso

O Pavillón Juanito Amigo converteuse esta tarde nun auténtico escenario de maxia e movemento grazas á celebración da Gala de Verán do Club Patín Oroso, un evento que combinou talento, esforzo e paixón polo patinaxe artístico sobre rodas.

As patinadoras e patinadores do club ofreceron unha serie de actuacións que destacaron pola súa creatividade, coordinación e emoción, facendo vibrar ao público asistente cun repertorio que foi desde coreografías cheas de enerxía ata números máis delicados e expresivos.

Parabéns a todo o club, que demostraron unha vez máis o excelente nivel formativo do Club Patín Oroso e o traballo constante que hai detrás de cada exhibición. A gala foi tamén unha oportunidade para poñer en valor o deporte base e a cultura do esforzo, nun ambiente de convivencia e festa que puxo o ramo a unha tempada chea de éxitos.

Compartir: