Xogamos, rimos e compartimos este fin de curso co xadrez

Torneo de Xadrez Familiar organizado polo Club Xadrez Oroso
Torneo de Xadrez Familiar organizado polo Club Xadrez Oroso

A Praza do Concello converteuse na tarde do venres nun auténtico taboleiro xigante grazas ao Torneo de Xadrez Familiar organizado polo Club Xadrez Oroso.

Veciños e veciñas de todas as idades disfrutaron dun serán de estratexia, aprendizaxe e diversión antes de comezar as merecidas vacacións de verán. Unha actividade aberta a todos os niveis que demostra que o xadrez en Oroso segue moi vivo!

Grazas ao Club Xadrez Oroso por facer comunidade a través do deporte e da mente!

Seguimos apostando por actividades que unen xeracións e fomentan a convivencia.

Compartir: