VIII Memorial Fernando Abad - Copa Galicia Máster

VIII Memorial Fernando Abad - Copa Galicia Máster

O domingo vivimos unha gran mañá de ciclismo nas rúas de Sigüeiro coa celebración do VIII Memorial Fernando Abad, puntuable para a Copa Galicia Máster.

O concelleiro de deportes, Carlos Barreiro, estivo presente na proba na que participaron un total de 77 ciclistas, e na que se impuxo Pablo Ferández (M30), Diego Álvarez (M40) e Manuel Gonzalez (M50).

Grazas a todas as persoas participantes, á organización e ao público asistente por facer desta proba un éxito rotundo.

Compartir: