O Camiño Ingés, parada na Way Cup 25
Esta mañá Oroso acolleu a edición da Way Cup 25, un torneo escolar que une deporte e camiño, organizado por Mindbasket e co apoio do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés.
Unha xornada de baloncesto, convivencia e espírito deportivo, onde mozos e mozas de diferentes centros educativos compartiron esforzo e ilusión.
E como broche de ouro... o equipo anfitrión, Camiño Inglés Obradoiro, proclamouse campión do torneo!
Parabéns a toda a comunidade educativa e deportiva por facer posible esta iniciativa tan especial.