Oroso presente no Primavera no Camiño Inglés 2025

María Requejo e Carlos Barreiro, concelleiros de Cultura e Deportes no posto do Concello de Oroso do Primavera no Camiño Inglés
Autoridades asistentes o Primavera no Camiño Inglés

Un ano máis o Concello de Oroso participa no "Primavera no Camiño Inglés" que tivo lugar este sábado día 31 de maio en Miño e no cal estiveron presentes a concelleira de Cultura, María Requejo, e o concelleiro de Deportes, Carlos Barreiro.

Organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Miño, esta cita consolídase como un dos grandes encontros da primavera vencellados ao Camiño de Santiago en Galicia. Un evento que celebra a cultura, a gastronomía e o patrimonio desta ruta xacobea en crecemento.

Unha festa para toda a familia

Esta edición 2025 promete mantivo o espírito festivo das edicións anteriores, con actividades pensadas para todos os públicos: dende concertos, obradoiros artesáns e propostas para a cativada, ata unha coidada oferta de gastronomía local e produtos de proximidade.

Ademais de ser un espazo de encontro entre veciñanza e peregrinación, Primavera no Camiño Inglés ofrece unha excelente oportunidade para descubrir o encanto de Miño, unha vila costeira que forma parte do trazado do Camiño Inglés e que destaca polo seu entorno natural, praias e patrimonio.

Un convite a descubrir o Camiño Inglés

Co auxe do turismo cultural e o crecente interese polo Camiño de Santiago, esta iniciativa busca tamén dar visibilidade a unha das rutas menos masificadas, pero cun enorme valor histórico e paisaxístico. O Camiño Inglés, con puntos de partida en Ferrol e A Coruña, é ideal para quen busca unha experiencia auténtica e máis pausada.

Compartir: