Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025

Cartel das obras cofinanciadas co Fondo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader)

O investimento superou os 53.000,00 €

Rematadas as obras do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025, de mellora de rede viaria nos lugares de Sigüeiro na parroquia de Oroso e Burgao da parroquia de Trasmonte, cofinanciadas co Fondo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader).

Os traballos do concello de Oroso consistiron nas melloras e adecentamento do pavimento nos viais públicos de Sigüeiro e Burgao, cun investimento total de 53.570,62€.

Dende o goberno local seguiremos impulsando as melloras necesarias en todas as vías municipais do concello que o precisen.

Compartir: