Os traballos de mellora e asfaltado continúan ao longo de todo o noso concello

Traballos de asfaltado e mellora viaria en Vilacide (Oroso)
Traballos de asfaltado e mellora viaria en Vilacide (Oroso)

O Concello de Oroso segue cos traballos de mellora e asfaltado en todas as parroquias do noso concello.

Nestes días, as actuacións están centradas en Vilacide, na parroquia de Oroso, onde seguimos renovando os camiños para ofrecer máis seguridade e comodidade aos veciños.

Sabemos que queda moito por facer, pero avanzamos paso a paso cun compromiso firme coa mellora das infraestruturas.

Construíndo un Oroso mellor, máis conectado e accesible para todos.

Compartir: