O Oroso TM Peluquería Tije regresa á División de Honra Nacional Masculina do tenis de mesa.
O club Oroso TM Peluquería Tije logrou este fin de semana o ascenso á División de Honra Nacional Masculina, tras unha brillante fase disputada en Madrid.
Conformado integramente por veciños do noso concello, o equipo demostrou garra e talento, vencendo con autoridade ao CTM Jerez e certificando o soñado retorno á categoría de prata do tenis de mesa español.
A este éxito, súmase o ascenso do segundo equipo, Oroso TM Madeiras Irmáns Castros, que xogará en 1ª Nacional. Un reflexo do gran traballo de base que se realiza en Oroso.
Parabéns aos xogadores, corpo técnico e afección por poñer a Oroso de novo entre os mellores!