Campus de Verán Celta Academy 2025 en Oroso
Un ano máis, Oroso acollerá unha nova edición do Campus de Verán Celta Academy, organizado coa colaboración do RC Celta, o ED Xuventude Oroso e o Concello de Oroso.
Unha cita deportiva que cada ano reúne a máis de 70 nenos e nenas de entre 5 e 16 anos, cunha proposta formativa e divertida para mellorar no fútbol e gozar do verán.
O Campus de Fútbol terá lugar do 23 ao 27 de xuño en horario de 09:30 a 14:00 horas no Campo de Fútbol Lino Balado de Oroso.
Máis información e inscricións na : axenda do evento


