Comeza unha nova edición do DÃas Azuis
Fai as túas compras, entre o 20 de maio e o 10 de xuño, nas tendas de Oroso adheridas á campaña da Xunta de Galicia
O Concello de Oroso informa da campaña "DÃas Azuis do Comercio Galego", unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, coa colaboración de ABANCA.
A campaña terá lugar entre o 20 de maio e o 10 de xuño de 2025 e nela poden participar todos os clientes, do comercio de proximidade de Galicia, que merquen nestas datas.
Consulta os comercios de Oroso adheridos á campaña.
Entre os participantes, o 12 de xuño de 2025 sortearanse 20.000 euros en premios, distribuidos da seguinte maneira:
- 44 tarxetas prepago de 250€: 11 tarxetas prepago regalo por cada provincia galega
- 60 tarxetas prepago de 150€: 15 tarxetas prepago regalo por cada provincia galega
Estas tarxetas regalo deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 31 de xullo de 2025 engadido.
Ademáis, realizarase de forma presencial un sorteo adicional dunha tarxeta prepago de 3000€ que o gañador deberá empregar nunha única xornada de compras e nunha soa localidade de Galicia. Neste sorteo poderán participar tódolos consumidores que cumpran as seguintes condicións:
- Asistir presencialmente ao acto de entrega de premios da campaña o 26 de xuño de 2025 ás 19:00h na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
- Aportar un ticket de compra nun comercio de proximidade de Galicia entre o 20 de maio e o 26 de xuño de 2025
Para participar na campaña, proporcionamos 2 maneiras diferentes:
Rexistrar como consumidor a compra na páxina web de DÃas Azuis.
Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a compra a través da mesma páxina web. Deste xeito, o consumidor obterá unha participación a maiores para o sorteo.
* En ámbolos dous casos, o consumidor debe fotografiar e/ou gardar o ticket de compra como xustificante da mesma.
Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Asà mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.
Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico info@comerciogalicia.es.


