Noelia Juncal Marzoa, subcampioa do Open de España

Noelia Juncal Marzoa, subcampioa do Open de España

A deportista orosá proclamouse subcampioa do Open de España na categoría cadete - 47 kg, celebrado o pasado 25 de abril en La Nucía (Benidorm), onde participaron máis de 1200 deportistas das categorías cadete, xuvenil e sénior.

Este magnífico resultado, xunto ao título de campioa galega cadete acadado meses atrás, valeulle a convocatoria coa selección galega xuvenil para participar no Open de Basuri o vindeiro mes de xullo.

Nesta cita anual participan seleccións de comunidades como Madrid, Cataluña, Euskadi, A Rioxa e Galicia, servindo como preparación para a próxima tempada.

Parabéns Noelia! En Oroso estamos moi orgullosos do teu traballo e a túa traxectoria deportiva.

Compartir: