Avisos Festa da Troita 2025

Aviso

Por mor do mal tempo, as actuacións previstas para este sábado 10 de maio dos grupos folclóricos e da Tuna de Santiago de Compostela, trasladaranse ao Auditorio Municipal de Oroso en Sigüeiro.
Lamentamos as molestias que este cambio poida causar e agradecemos a vosa comprensión.

Biblioteca Intelixente Lembrámosvos tamén, que a nosa Biblioteca Intelixente terá un horario especial pola Festa da Troita.

  • Venres 9 aberta ata as 21h
  • Sábado 10 aberta de 9h a 21h
  • Domingo 11 pechada
Pedímosvos desculpas polo trastorno ocasionado e agradecemos a vosa comprensión, desexándovos unha excelente celebración da Festa da Troita!

Compartir: