Oroso únese á loita por unha AP-9 máis xusta
O Concello de Oroso estivo hoxe presente en Abegondo na constitución da Asociación de Concellos Galegos Afectados pola AP-9, unha iniciativa que nace para reclamar o que nos corresponde: que a concesionaria da autoestrada cumpra coas súas obrigas e asuma o 100% do IBI, tras décadas de exencións inxustas.
Trátase dunha causa xusta e histórica na que xa participan 11 concellos e á que se sumarán moitos máis, entre eles Oroso, que está a completar os trámites necesarios para a adhesión formal.
Defendemos os dereitos dos nosos veciños e veciñas, deixando fóra calquera partidismo, cun obxectivo claro: facer valer a voz dos concellos ante unha infraestrutura que durante anos non tivo en conta ás persoas que viven ao seu carón.