Pleno de podios en As Pontes

Ximnastas no torneo de As Pontes

As nosas ximnastas deixaron o listón ben alto esta fin de semana en As Pontes cunha actuación brillante que se traduce nun cheo de podios para Oroso.

Dobre prata para os conxuntos de nivel Promoción e tamén para Adela Casas, que acadaron un merecidísimo segundo posto cada un.

Tres podios, tres alegrías e un só sentimento: orgullo total polo noso equipo!

Parabéns ás ximnastas e ás adestradoras polo seu gran traballo. Oroso continúa sumando!

Resultados

  • Conxunto Senior Promoción - 2º Clasificado
  • Conxunto Alevín Promoción - 2º Clasificado
  • Adela Casas (Infantil Escolar) - 2ª Clasificada


Compartir: