O Concello de Oroso abre unha bolsa de emprego para prazas de conserxe

Convocatoria conserxe

O obxectivo desta convocatoria é constituír unha bolsa de emprego para a cobertura temporal de postos de conserxe, pertencentes ao grupo V, ante posibles baixas ou necesidades organizativas.                    

Requisitos principais

  • Nacionalidade española ou requisitos legais equivalentes.
  • Ter 16 anos cumpridos e non exceder a idade de xubilación.
  • Estar en posesión do certificado de escolaridade ou superior.
  • Aboar a taxa de exame de 15 euros.


Prazo de presentación de solicitudes

10 días naturais a partir do día seguinte á publicación no BOP da Coruña, publicada o 5 de maio de 2025.

Presentación

A través da sede electrónica do Concello ou presencialmente no Rexistro Xeral (Praza Isaac Díaz Pardo, 1 - Sigüeiro)

Se estas interesado ou interesada podes consultar as bases completas neste enlace no BOP e na sede electrónica do Concello.
Para calquera dúbida, consulta a Oficina de Rexistro do Concello.

Compartir: