O Concello de Oroso pon a disposición dos máis novos, pases gratuitos para as atraccións da Festa da Troita 2025
Os pases son válidos para o venres 9 de maio de 16:30 a 19:30 horas
Boas novas para os máis pequenos do Concello de Oroso para a Festa da Troita 2025. O Concello de Oroso entregará "pase gratuito" para as atraccións da festa, válido so o venres 9 de maio de 16:30 a 19:30 horas.
Os pases están destinados a rapaces e rapazas de 0 a 16 anos empadroados en Oroso, deberanse retirar o mércores 7 de 10 a 13 horas ou o xoves 8 de maio de 17 a 19 horas na Casa do Concello. Serán entregadas ata esgotar as existencias.
Estes son os requisitos para retirar as entradas:
- Estar empadroado/a no concello
- Presentar o DNI e libro de familia
- NON É VALIDO para atraccións con premio
¡Non perdas esta oportunidade de gozar da festa ao máximo!