O Club Xadrez Oroso, campión galego de 1ª División

Integrantes do Club Xadrez Oroso
Integrantes do Club Xadrez Oroso

Imbatidos dende a primeria xornada, o equipo proclamouse hoxe campión da Liga Galega de Xadrez en 1ª División, nunha tempada dura e con rivais de gran experiencia de toda Galicia (Coruña, Carballo, Ames, Santiago...).

O máis destacable: o equipo está formado por xogadores de Oroso e da contorna, demostrando o enorme talento local.

Con este título, o Club Xadrez Oroso ascende á Preferente Galega, ademáis, o anos pasado xa foron campións en 2ª División e este ano tamén lograron o ascenso de 3ª a 2ª cun segundo equipo, acadando este ano a permanencia do equipo en 2ª.

O equipo campión, está formado por Martín Pena Varela, Benxamín Pérez Souto, Xesús Feás Sánchez, Álvaro Viqueira Verea, Enma Campelo Mallo, Diego Cao Dopico e Juan Ramón Salqueiro Aguirre.

Parabéns a todos e todas!!!
A marea verde segue medrando ... é imparable!!!

Compartir: