Theodor Smeu Stermin, veciño de Oroso, presenta a segunda edición de "Doce Opalinas"

Doce Opalinas de Theodor Smeu

O noso veciño Theodor Smeu Stermin presentará o vindeiro 7 de maio ás 19:00 horas a 2ª edición do seu libro "Doce Opalinas", na emblemática Libraría Follas Novas de Santiago de Compostela.

Unha obra recoñecida co Premio Narrativas Oblicuas, que segue a deixar pegada na literatura galega contemporánea.

Dende o Concello de Oroso queremos felicitar a Theodor polo seu éxito e animar á veciñanza a acompañalo neste acto tan especial!

Theodor Smeu
Naceu detrás do telón de aceiro en 1970 en Brasov, unha cidade dos Cárpatos, situada no corazón de Transilvania, Romanía.

Licenciado en dirección de escena pola Facultade de Teatro da Universidade Babes Bolyai, Cluj Napoca, profesor de clase Doutor Mihai Măniuţiu.

Escribe dende a adolescencia; Ao principio fíxoo para sobrevivir á doutrina estéril imposta por compañeiros cheos de trivial entusiasmo. Refuxiase nas palabras como os nenos se refuxian detrás das ameas dos castelos de area, ainda que nunca ten o valor suficiente para coñecerse a fondo. Camufluo a verdade absoluta entre palabras; O teatro fixo o resto: ofreceulle o telón tras o que tantas veces atopou a mentira perfecta, a madriguera segura do coello.

Leva ao límite a súa fascinación polos artistas renacentistas: hai tempo que colgou as botas de director de escena para poñerse as botas de vaqueiro. Retirousee a El Dorado, -como el describe a Sigüeiro-, un rancho onde cría corceles de nomes longos e melenas fluídas, nunha vila de seis ríos situada preto de Santiago de Compostela.

Escribe en castelán, aínda que non é a súa lingua materna. Asume con certo descaro que escribir nunha lingua que leva apenas vinte anos aprendendo se cadra lle dá unha vantaxe: a inxenuidade estilística que, aínda que non a busque deliberadamente, emerxe dentro das súas limitacións.

Descríbese a si mesmo como: "un atrevido analfabeto, unha especie de monstro de feira, un Frankenstein feito coa inocencia de Antoine de Saint-Exupéry, a volatilidade de Mijaíl Bulgákov, a fraxilidade de François Villon, a paixón de Mariana Alcoforado, a nostalxia de Mircea Cărtărescu e o promiscuidade do marqués de Sade."

Máis información na web de Theodor


Compartir: