Oroso volve facer historia no deporte

Campións de Liga 2ª División Nacional Masculina

Queremos felicitar aos rapaces do club da nosa vila, que veñen de acadar un novo fito histórico: o ascenso matemático á 1ª División Nacional Masculina, cando aínda falta unha xornada para rematar a liga. Un logro impresionante que demostra o nivel e compromiso deste equipo.

Ademais, este éxito ten sabor orosán: catro xogadores da canteira, tres deles veciños de Oroso, foron protagonistas desta fazaña. Un orgullo para todo o noso concello!

Agora queda o último reto: acadar tamén o ascenso á División de Honra Nacional, o que suporía dous ascensos históricos para o club nunha mesma tempada.

Dende o Concello de Oroso animamos a toda a veciñanza a apoiar a este equipo exemplar, que leva anos facendo historia, formando campións de España e mesmo un número 1 mundial sub13, sempre levando o nome de Oroso con orgullo por Galicia e por todo o mundo.

Parabéns a todo o club, xogadores, corpo técnico e familias! Estamos con vós!

Compartir: