A Xunta de Galicia pon en marcha a primeira edición de Campas 360, unha oportunidade para a mocidade de Oroso

Campas 360

A Xunta de Galicia pon en marcha a primeira edición de Campas 360, un programa pensado para mozos e mozas de entre 12 e 30 anos que queren aprender, divertirse e descubrir novas paixóns durante os fins de semana de maio.                    

Tres opcións segundo os teus intereses:

Campas 360 Tecnoloxía(Albergue Xuvenil Lu2)
impresión 3D, drons, realidade virtual, programación de IA...

Campas 360 Emprendemento(Albergue Marina Española)
crea o teu proxecto, aprende sobre márketing dixital e deseña a túa marca persoal.

Campas 360 Deporte(Albergue As Sinas)
caiac, paddlesurf, máquinas de Goldberg, orientación e moito máis.

Información

  • Grupos por idades: 12-14, 15-17 e 18-30 anos
  • Prezo: só 25 € (ou 18,75 € con desconto)
  • Inclúe aloxamento, manutención e actividades
  • Todos os campamentos inclúen actividades de lecer: escalada, xogos de mesa, videoxogos retro, veladas temáticas


Inscrición

Prazo de inscrición ata o 28 de abril ás 22:00 horas.
Máis info e inscricións en: https://xuventude.xunta.gal/gl/campas-360

Compartir: