Oroso aposta pola mocidade e a cultura

Visita as dpendencias da Casa da Xuventude, polo alcalde de Oroso, Alex Doval, o Conselleiro de Cultura, José López Campos, da Directora do AGADER, Paz Rodríguez, e da Directora Xeral de Xuventude, La

Esta mañá recibimos a visita do Conselleiro de Cultura, José López Campos, da Directora do AGADER, Paz Rodríguez, e da Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, para coñecer de primeira man o resultado das obras de reforma do antigo Centro de Saúde.

A intervención permitiu a mellora das instalacións e a insonorización das aulas da Escola de Música, así como a creación dun novo espazo específico para a mocidade: a Casa da Xuventude

Un proxecto feito realidade grazas á colaboración entre o Concello de Oroso e a Xunta de Galicia.

Nos vindeiros días, a Casa da Xuventude abrirá as súas portas coa publicación das normas de uso para o público máis novo.

Continuamos traballando para ofrecer servizos de calidade á veciñanza e espazos que fomenten a creatividade, o lecer e o desenvolvemento da mocidade.

Compartir: