Oroso participa nun novo obradoiro de emprego financiado pola Xunta con máis de 1,2 millóns de euros

O alcalde Alex Doval durante a visita ao obradoiro da Mancomunidade de Ordes acompañado da delegada da Xunta, Belén do Campo, e alcaldes dos concellos da Mancomunidade

O alcalde Alex Doval acompañou á delegada da Xunta, Belén do Campo, na visita ao obradoiro da Mancomunidade de Ordes, no que participa o noso concello xunto a Ordes, Tordoia, Trazo, Frades, Mesía e Cerceda.

Os 40 alumnos formaranse durante 9 meses en pintura industrial e carpintaría, realizando actuacións en varios puntos, entre eles a estación de ferrocarril de Trasmonte en Oroso.

Unha oportunidade para mellorar a formación e acceder ao mercado laboral.

Compartir: