Oroso reune centos de participantes na XI Carreira Pedestre

XI Carreira Pedestre de Oroso

Espectacular xornada de deporte a que vivimos esta mañá en Sigüeiro coa celebración da XI edición da Carreira Pedestre de Oroso! Un evento que volveu reunir a centos de participantes e afeccionados, consolidándose como unha cita imprescindible no calendario deportivo da comarca.

Grazas a todas as persoas que participaron, animaron e colaboraron coa organización. E moi especialmente, ao Club Atletismo Tambre e á Federación Galega de Atletismo polo seu traballo impecable, así como aos patrocinadores, Policía Local, Protección Local e ao voluntariado que fixeron posible esta proba.

O deporte seguirá sendo unha aposta firme do Concello de Oroso. Seguimos impulsando hábitos saudables e actividades que unen á nosa veciñanza!

Podedes visitar a galería completa de fotos do evento na páxina de Facebook da Carreira Pedestre Concello de Oroso

Compartir: