Oroso inicia as obras de mellora na rede viaria de Piñeirón

Inicio dos traballos de asfaltado en Piñeirón (Gándara)

Estes días o Concello de Oroso puxo en marcha os traballos de ampliación e asfaltado do vial en Piñeirón, un paso máis para mellorar a seguridade e a calidade das nosas infraestruturas.

Estas actuacións forman parte dun plan de mellora viaria que se estenderá ao longo dos próximos meses, co obxectivo de arranxar moitas das vías que necesitan renovación en todo o municipio.

Seguimos apostando por unhas infraestruturas máis seguras e en mellor estado para todos os veciños e veciñas.

Compartir: