Oroso inicia as obras de mellora na rede viaria de Marzoa
Dende o Concello de Oroso seguimos traballando para mellorar a seguridade e a calidade das nosas infraestruturas. Nestes dÃas iniciamos os traballos de asfaltado en Altiboia, Marzoa, dando asà resposta ás demandas veciñais e garantindo unhas estradas en mellores condicións para todos.
Estas actuacións forman parte dun plan de mellora viaria que se estenderá ao longo dos próximos meses, co obxectivo de arranxar moitas das vÃas que necesitan renovación en todo o municipio.
O noso compromiso é claro: seguir investindo en infraestruturas para que os nosos veciños e veciñas dispoñan dun viario máis seguro, cómodo e moderno.