Oroso invita a descubrir a vestimenta e apeiros tradicionais galegos na exposición do CEIP Sigüeiro
O Concello de Oroso convida a toda a veciñanza a visitar a exposición de vestimenta e apeiros tradicionais galegos, unha iniciativa que se pode ver no CEIP Sigüeiro e que permite achegarse á historia e ás costumes das nosas xentes.
A mostra, que reúne diferentes pezas de roupa e ferramentas de traballo empregadas noutras épocas, busca poñer en valor a tradición galega e fomentar o coñecemento da nosa cultura entre os máis pequenos. Trátase dunha oportunidade única para que as familias compartan xuntos o legado etnográfico do noso pobo.
O alcalde de Oroso, Alex Doval, destacou a importancia de preservar e divulgar a nosa
identidade cultural: “Esta exposición é unha fiestra ao pasado que nos permite comprender mellor a nosa historia e transmitirlla ás novas xeracións. Animo a toda a veciñanza a visitala e gozar desta viaxe polas nosas raíces”.