Sasha Malov na Selección Mundial ITTF Hopes Team 2025

Sasha Malov, xogador do Club Oroso TM.

O orosino Sasha Malov, ven de ser elexido pola Federación Internacional de Tenis de Mesa para formar parte da Selección Mundial ITTF Hopes Team 2025. Esta selección supón un gran recoñecemento tanto para Sasha, como para o seu Club, o Oroso TM, que continúa demostrando ano tras ano a calidade da súa canteira.

O ITTF Hopes Team 2025 estará integrado, ademáis de Sasha, por un xogador de Nova Zelanda, un de Malasia e un Italiano. Xuntos, integrarán unha equipa que competirá no próximo mes de agosto en Francia contra outras seleccións mundiais. Ademais, este grupo de xogadores contará cun seguimento e apoio especial no seu desenrolo deportivo por parte da ITTF.

Sasha é actualmente o nº1 do ranking mundial sub13, e este ano terá unha axenda competitiva das máis cargadas da súa curta carreira deportiva. Neste mes, competirá en Croacia, Portugal e Tarragona no Torneo Estatal, mentres que en marzo espéralle unha longa estancia en Sudamérica en diferentes países onde competirá en varias probas do Circuíto Mundial para intentar defender a súa primeira posición no ranking

Compartir: