Oroso promociona a Vía Verde no Fitur 2025

Presentación da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle en FITUR 2025

O alcalde, Alex Doval, participou en Madrid na presentación da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, unha iniciativa que conecta natureza, patrimonio e turismo sostible.

Esta importante infraestrutura, na que Oroso xoga un papel fundamental, foi presentada como unha das grandes apostas para dinamizar o turismo na nosa contorna e converterse nun atractivo de referencia en Galicia.

A Vía Verde é moito máis ca un percorrido; é unha oportunidade para desfrutar do medio ambiente, practicar deporte e descubrir o mellor da nosa paisaxe e cultura.

Seguiremos traballando para situar a Oroso no mapa turístico nacional e internacional.

Compartir: