O Gran Camiño 2025

O alcalde de Oroso, Alex Doval e o concelleiro de deportes, Carlos Fernández, na presentación de O Gran Camiño 2025.

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu este sábado a presentación do percorrido completo de O Gran Camiño, a proba ciclista máis importante de Galicia, e na que participaron o alcalde de Oroso, Alex Doval e o concelleiro de deportes, Carlos Fernández, e a que asistiu tamén o presidente do Oroso Club Ciclista.

A proba terá lugar os días 26, 27 e 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo, pasando polo noso municipio nesta nesta quinta e última etapa (Betanzos - Santiago).

A edición de 2025 ampliarase a cinco etapas, unha máis que o ano pasado, cando gañou o danés Jonas Vingegaard. A outra gran novidade do evento será a saída desde Portugal na primeira xornada, dando paso a outras catro etapas que percorrerán posteriormente as catro provincias galegas.
A segunda xornada chegará a Galicia por Pontevedra, con saída desde Marín e final na Estrada na véspera da contrarreloxo individual de Ourense. A carreira rematará na provincia da Coruña, cunha etapa que unirá Betanzos e Santiago de Compostela.

Compartir: