Minuto de silencio polo falecemento de D. Nicolás Sánchez Trillo

Nicolas Sánchez durante o curso da Agrupación de Protección Civil de Oroso.

O Concello de Oroso declara para mañá, xoves día 2, día de loito oficial no municipio como mostra de respecto e condolencias á Nicolás Sánchez Trillo e aos seus parentes.
Ademais, o Concello convoca a toda a veciñanza o minuto de silencio ás 12 horas na entrada da Casa Consistorial.

Nicolás Sánchez Trillo era membro da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Oroso, tras superar o curso básico realizado o pasado mes de novembro.

O alcalde de Oroso, Alex Doval, tamén lle expresou o seu pésame á familia.

Compartir: